O Que Ten Cu, Ten Medo

A estrada para noia a estrada esquizofrenia
A estrada para a estrada de noite ¡que medo andar por elas!
O medo é chosco non te pode ver
Pero ti ves cousas que non ve ninguén
Os xoguetes móvense pola noita
¡A saba, o mellor cuartel!

Uh, uh, uh, uh que medo
O que ten cu ten medo

A pantasma de canterbury o desastre de annual
O lobishome do berbés a ameaza nuclear
O medo é xordo non pode escoitar
As miñas orellas non poden mirar
O meu moneco ponse a tremer
Baixo a cama ¿qué demo hai?

Arrinqueille a orella dun bocado a ese langrán
Pero non me arrepinto: Non sabía mal
Arrinqueille o nariz a ese langrán dun bocado
Diso si que me arrepinto: Estaba resfriado
Aí vai a túa orella camiño do mar
Para que non cha empaten e non poidas escoitar
Aí vai o teu nariz camiño do mar
Polo miño abaixo non cho vaian empatar

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *